Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

PERO NON ESQUECEMOS AS LETRAS VIOLETA

Imagen
Non so nos preocupamos da homenaxe ao autor ao que este ano lle dedicamos as Letras Galegas, Antón Fraguas, senón que tamén recordamos que a pesar de ser menos visibles hai moitísimas escritoras galegas e quixemos visibilizalas a través dos seus poemas e incluíndo as súas fotografías e nomes nas LETRAS VIOLETA que acompañan á Biblioteca de Igualdade na que, á raíz das Letras Galegas, temos dispoñibles moitas das súas obras. Así traballamos e este foi o resultado:

EMPEZAMOS A PREPARAR LETRAS GALEGAS

Imagen
Primeiro pintamos un mapa de Galiza con tempera e esponxas para sinalar dentro del algún dos lugares polos que se foi movendo ao longo da súa vida Antón Fraguas, o autor homenaxeado este ano en Letras Galegas. Tamén colocamos algún puntos da nosa xeografía sobre os que traballou recompilando folclore ou escribindo sobre eles.

PINTAMOS O MURAL DE ESTEFANÍA PADULLÉS

Imagen
Por fin o mural que nos deixou a escritora de contos Estefanía Padullés no primeiro trimestre asinado e adicado forma parte da noso decoración grazas a una man de pintura que lle demos na nosa clase de Plástica.