Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

CAIXAS MONSTRUOSAS E CESTAS TERRORÍFICAS

Imagen
Levamos dúas clases preparando o noso Halloween-Samaín para o 7 de novembro, e iso esixe estar botar unha man, ou as dúas, coa decoración do cole e preparar algún recipiente para o "Truco ou trato". Que vos parece o resultado? Terrorífico? Para non pegar ollo?

CREAMOS ANIMAIS CON FOLLAS DE OUTONO

Imagen
Fixemos una pequena paréntese no noso proxecto de Ángeles Alvariño porque se achega o Magosto e o Halloween e toca contribuir á decoración do cole, empezamos polo relacionado co outono e decidimos dar renda solta á nosa imaxinación creando animais coas follas... adiviñades que son?

EMPEZAMOS UN PEQUENO PROXECTO SOBRE ÁNGELES ALVARIÑO

Imagen
Empezamos un pequeno proxecto que non podemos desvelar por completo pero polo momento amosamos o traballo realizado sobre a protagonista central de todo o que nos queda por facer: Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa galega coa que nos introducimos no mundo do Pop Art, coñecimos a Andy Warhol, traballamos co buscador de imaxes e co PowerPoint para obter estes preciosos traballos.

EMPEZAMOS O CURSO DANDO VOZ AOS QUE NON TEÑEN VOZ

Imagen
Aínda que cambiamos a tres dos integrantes da clase continuamos co noso blog. Este curso iniciámolo aprendendo un pouco de papiroflexia con barcos de papel nos que pretendemos recoller a equipaxe que levan as persoas que migran deixando atrás a súa vida e á súa familia, imaxinamos sentimentos de esperanza, ilusión, pero tamén de morriña da súa terra e da súa xente, medos, etc. Así nos quedaron...