Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

ÚLTIMO TRABALLO: PREPARAMOS O DÍA DA DIVERSIDADE LGTBI

Imagen
O venres 14 de xuño, tras un día de festa en Pedrafita, despedímonos por este curso da materia de Plástica facendo un mural reivindicando Liberdade, Igualdade, Respecto, Visibilidade, Tolerancia, con toda a diversidade, neste caso en especial coa diversidade LGTIB e falando de moitísimos famosos e famosas que pertencen a este colectivo, así como una aclaración sobre o significado de moitos termos. O resultado decora a entrada do cole xunto con algúns contos sobre esta temática.

COÑECENDO A MONDRIÁN

Imagen
Despois de tantas actividades relacionadas coas as datas conmemorativas tocaba coñecer e traballar con algún pintor relevante e este foi Piet Mondrian e o seu Neoplasticismo. Tras coñecer as características da súa obra cada un e unha de nós eleximos como adaptariamos os nosos debuxos para darlles a inspiración Mondrian. Tamén xogamos a pintar on line como Mondrian e a coñecer as características das súas obras máis famosas. E o resultado no noso traballo quedou exposto no taboleiro "Rincón dos e das artistas".