Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

PREPARAMOS O DÍA DA PAZ DEDICADO ÁS MULLERES QUE RECIBIRON ESTE PREMIO NÓBEL

Imagen
Dende o regreso das vacacións de Nadal levamos preparando o Día da Paz, que dedicamos este ano ao desmantelamento dos muros que impiden a Paz, conmemorando a caída do Muro de Berlín e condenando todos os muros que continuaron e continúan aparecendo. Nesta labor é fundamental o papel das mulleres que lembramos este ano no cole, aquelas que recibiron o Nóbel da Paz polo seu traballo. Centrámonos en Wangari Maathai, gañadora pola súa labor buscando a igualdade, a paz e a defensa da natureza, algo clave neste ano no que a "emerxencia climática" é máis que evidente. Preparamos un planeta no que Wangari nos observará plantar simbolicamente 13 árbores na honra das outras 13 mulleres que foron galardoadas coma ela.