Nun día coma hoxe no que ante todo valoramos o contacto coa xente ante o illamento no que temos que estar, aquí queda unha mostra das nosas demostracións por unha das persoas máis importantes das nosas vidas, o noso pai! Feliz Día!!
Para a celebración de Halloween e Samaín fixemos esta guirnalda terrórífica con pratos de cartón, cartulinas e témperas. A araña de Laura (Lauraña) chegou uns días máis tarde e por iso está escalando na árbore.
Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Carbalho Calero (aínque se aprazou e non será en maio). Na súa obra "Scorpio", o autor fala e dá voz a mulleres universitarias, con voz propia, que non buscan satisfacer as necesidades dos homes, como é o caso da nosa pintora galega Maruja Mallo. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria usando como técnica prioritaria, pero non única,o colaxe para poder facer as súas representacións das pinturas desta pintora galega moitas veces olvidada, fixemos estas fantásticas creacións.
Comentarios
Publicar un comentario