Bos días! como estamos en outono e a punto de celebrar o magosto fixemos os ourizos e chamamoslles piposos porque están feitos de pipas e plastilina. Tamén utilizamos ollos saltóns e graos de café para o nariz.
Para a celebración de Halloween e Samaín fixemos esta guirnalda terrórífica con pratos de cartón, cartulinas e témperas. A araña de Laura (Lauraña) chegou uns días máis tarde e por iso está escalando na árbore.
Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Carbalho Calero (aínque se aprazou e non será en maio). Na súa obra "Scorpio", o autor fala e dá voz a mulleres universitarias, con voz propia, que non buscan satisfacer as necesidades dos homes, como é o caso da nosa pintora galega Maruja Mallo. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria usando como técnica prioritaria, pero non única,o colaxe para poder facer as súas representacións das pinturas desta pintora galega moitas veces olvidada, fixemos estas fantásticas creacións.
Son uns ourizos moi piposos
ResponderEliminar