Bos días! como estamos en outono e a punto de celebrar o magosto fixemos os ourizos e chamamoslles piposos porque están feitos de pipas e plastilina. Tamén utilizamos ollos saltóns e graos de café para o nariz.
Este ano o día do libro adicámolo a todas mulleres escritoras que nos fixeron reflexionar coas súas palabras sobre a igualdade, facendo marcapáxinas nos que recollemos esas verbas e o nome das súas autoras, de forma que coñecemos a Simone de Beauvoir, Mary Wollstonecraft, Virginia Wolf, etc.
Coñecemos as tres R (Reducir, Reciclar e Reutilizar), pois aquí queda a nosa pequena axuda á hora de reutilizar, con estas chulísimas manualidades feitas cos materiais que temos na casa.
Son uns ourizos moi piposos
ResponderEliminar